Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL

XXII Xornadas interdisciplinarias 2024

27 de abril | Xornadas formativas en Alzhéimer e outras demencias

Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL

XXII Xornadas interdisciplinarias 2024

Unha das xornadas sobre Alzhéimer máis relevantes de Galicia

Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL

XXII Xornadas interdisciplinarias 2024

22 anos compartindo experiencias

SOBRE NÓS


A Federación Alzhéimer Galicia ou FAGAL é unha entidade sen ánimo de lucro nacida en 1998 da unión de varias asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia.

A día de hoxe, FAGAL está composta por 15 asociacións que suman máis de 5.000 familias e que prestan múltiples servizos a través de 260 profesionais do sector sociosanitario. Ademais, é a entidade de referencia en Galicia en materia de alzhéimer e outras demencias.

Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación, sensibilización e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodexenerativa.

Por outra banda, FAGAL serve de fío condutor tanto na comunicación como na coordinación coas asociacións federadas, e móstrase como un axente de incidencia social na relación coas administracións públicas e sociedade en xeral.

AS XORNADAS


As xornadas xorden en 2003 da necesidade de intercambiar experiencias, promover o desenvolvemento asociativo e coñecer outros modelos de atención para persoas con alzhéimer e as súas familias. Estas xornadas abertas ao público en xeral, pero pensadas para profesionais do sector sociosanitario especializado en demencias, fóronse convertendo ano tras ano nunha data destacada para a Federación ata chegar a estes case 20 anos de creación de lazos de colaboración non só a nivel nacional senón tamén internacional. Nas últimas edicións contamos con relatores/as de distintos países e puidemos coñecer tamén o labor da OMS da man dunha das súas consultoras en saúde pública.








RELATORES/AS



- Directora xerente do CRE Alzheimer. Imserso
- Doutora pola Universidade de Salamanca (España)

Mª Isabel Campo Blanco

- Membro do PEPA: Persoa con demencia frontotemporal
- Xubilado
- Traballou durante 45 anos como soldador

Javier Sáenz Sáenz de Inestrillas

- Familiar de persoa con demencia frontotemporal
- Administrativa

Carmen Rodero Samaniego

- Psicóloga e Terapeuta Ocupacional
- Profesora Asociada CC. da Saúde UdC

Elena Viqueira

- Doutor en Psicoloxía
- Catedrático e investigador da Universidade Complutense de Madrid

Fernando Maestú

- Directora e guionista
- Directora da película “Mientras seas tú” - Premio Goya 2024 á mellor película documental

Claudia Pinto

LUGAR


Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)

As XX Xornadas da Federación Alzhéimer Galicia celebraranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

Programa

Recepción das persoas asistentes

Mesa de apertura: Política de atención ás persoas con demencia

Directora Centro Referencia Estatal de atención a persoas con Alzhéimer e outras demencias
Mª Isabel Campo Blanco

Inaguración

Mesa redonda

A demencia frontotemporal

Membro do PEPA: Persoa con demencia frontotemporal
Javier Sáenz Sáenz de Inestrillas

Familiar de persoa con demencia frontotemporal
Carmen Rodero Samaniego

Psicóloga e Terapeuta Ocupacional
Elena Mª Viqueira Rodríguez

Descanso

Investigación: Alteración das redes funcionais no continuo da enfermidade de Alzheimer

Y

Fernando Maestú

Profesor e Investigador da Universidade Complutense de Madrid

Acto de clausura

Y

Claudia Pinto

Directora da Película “Mientras seas tú” (premio Goya 2024)

Clausura institucional

Descargar programa

INSCRICIÓN



Estudantado/persoas desempregadas

15 €


Persoal sociosanitario/público en xeral

25 €