Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL

XXIV Xornadas Interdisciplinarias 2026

9 de maio | Xornadas formativas en Alzhéimer e outras demencias

Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL

XXIV Xornadas Interdisciplinarias 2026

Unha das xornadas sobre Alzhéimer máis relevantes de Galicia

Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL

XXIV Xornadas Interdisciplinarias 2026

24 anos compartindo experiencias

SOBRE NÓS


A Federación Alzhéimer Galicia ou FAGAL é unha entidade sen ánimo de lucro nacida en 1998 da unión de varias asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia.

A día de hoxe, FAGAL está composta por 15 asociacións que suman máis de 5.000 familias e que prestan múltiples servizos a través de 260 profesionais do sector sociosanitario. Ademais, é a entidade de referencia en Galicia en materia de alzhéimer e outras demencias.

Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación, sensibilización e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodexenerativa.

Por outra banda, FAGAL serve de fío condutor tanto na comunicación como na coordinación coas asociacións federadas, e móstrase como un axente de incidencia social na relación coas administracións públicas e sociedade en xeral.

AS XORNADAS


As xornadas xorden en 2003 da necesidade de intercambiar experiencias, promover o desenvolvemento asociativo e coñecer outros modelos de atención para persoas con alzhéimer e as súas familias. Estas xornadas abertas ao público en xeral, pero pensadas para profesionais do sector sociosanitario especializado en demencias, fóronse convertendo ano tras ano nunha data destacada para a Federación ata chegar a estes case 24 anos de creación de lazos de colaboración non só a nivel nacional senón tamén internacional. Nas últimas edicións contamos con relatores/as de distintos países e puidemos coñecer tamén o labor da OMS da man dunha das súas consultoras en saúde pública.








RELATORES/AS



- Licenciada en socioloxía
- Directora de Servizos no Centro Social del Vale do Homem

Andreia Costa

- Licenciada en Educación
- Presidenta da Associação de Cuidadores Familiares e Amigos de Braga - ACFAB

Daniela Oliveira

- Psicóloga clínica
- Xestora de Proxectos Nacionais da Associação Alzheimer Portugal

Filipa Gomes

- Notaria en exercicio (Santa Comba)
- Delegada da la Fundación AEquitas en Galicia

Fátima Vázquez

- Fiscal da Fiscalía provincial de Pontevedra
- Fiscal delegado de discapacidade de Galicia

Santiago Miguel Cruces

- Neuropsicóloga
- Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria e Máster en Neurociencia Cognitiva e Neuropsicoloxía

Teresa Rodríguez del Rey

- Psicóloga
- Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria e Máster en Psicoxerontoloxía

Andrea Catalán

- Licenciado en Psicoloxía
- Profesor titular de Psicoloxía evolutiva e da educación (UGR)

José Luis Cabezas

- Licenciado en Psicoloxía
- Fundador do proxecto PositivArte

Iago Taibo

LUGAR


Pazo da Cultura de Pontevedra

As XXIV Xornadas da Federación Alzhéimer Galicia celebraranse no Pazo da Cultura de Pontevedra

Programa

Recepción das persoas asistentes

Mesa inaugural: a atención do alzhéimer en Portugal

Directora de Servizos no Centro Social do Vale do Homem
Andreia Costa

Presidenta da Associação de Cuidadores Familiares e Amigos de Braga - ACFAB
Daniela Oliveira

Xestora de Proxectos Nacionais da Associação Alzheimer Portugal
Filipa Gomes

Inauguración

Obradoiro 1

Mecanismos legais de toma de decisións en discapacidade e dependencia

Notaria en Santa Comba e Delegada da Fundación Aequitas en Galicia
Fátima Vázquez

Fiscal delegado de discapacidade de Galicia
Santiago Miguel Cruces

Obradoiro 2

Validación de terapias non farmacolóxicas

CRE Alzhéimer
Teresa Rodríguez del Rey

CRE Alzhéimer
Andrea Catalán

Obradoiro 3

Promovendo a empatía coas persoas maiores

Universidade de Granada - Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación
José Luis Cabezas

Descanso

Acto de clausura

Y

Iago Taibo

Psicólogo

Clausura institucional

Cóctel de clausura

Descargar programa   ⤓

INSCRICIÓN



Estudantado/persoas desempregadas

15 €


Persoal sociosanitario/público en xeral

25 €






<